| Ánxeles
Ferrer: Os señores meses Ilustracións de Ánxeles Ferrer Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2000 |
|
Os meses son
señores que fixeron as casas con cachos de lúa e pingas de auga.
Xaneiro dorme na casa da choiva; Febreiro sopra cornos do vento; Marzo ten medo
do lobo; Abril vai con paraugas; Maio tece un abrigo de flores e herba para ir
á festa; Xuño é un poeta que debuxa estrelas no ceo da
noite; Xullo failles sombreiros de nubes brancas aos cataventos; na casa de
Agosto o sol pinta unha acuarela e xoga con estrelas de mar; Setembro ten uvas
e nubes escuras; Outubro garda as zocas do trono para meter medo; en Novembro
xa se anoxa o mar; o Nadal trae agasallos de festa, pon a neve nos tellados e
vai para a cama a soñar. Son doce amigos sempre xuntos. |
|