| Patacrúa: O
segredo do rei Curro Ilustracións de Magicomora Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006 |
|
Había unha vez un rei que tiña escondido un
segredo que sempre levaba con el. Pero non o gardaba nin colgado ao pescozo nin
na punta dun zapato, non: agachábao debaixo da perruca. A única
persoa que o coñecía era o seu perruqueiro. Cando, unha vez ao
mes, acudía a palacio, o Rei Curro pechaba o seu cuarto con sete chaves.
Pero un día o perruqueiro enfermou. E, como era velliño, morreu.
Ao rei xa lle saíanlle as guedellas por baixo da cabeleira postiza: era
urxente que alguén lle cortase o pelo. Colgou un bando na porta do
palacio reclamando un perruqueiro discreto que soubese gardar un segredo.
Presentouse un mozo, que entón descubriu que o Rei Curro tiña
orellas de burro. Como morría das ganas de contalo, foi ao cemiterio,
onde ningún vivo podería escoitalo, pero estaba o enterrador
cavando un foxo. Marchou sen dicir nada. Colleu unha barca para berralo no
medio do mar, pero estaban os pescadores. Volveu a terra, fixo un burato na
terra, meteu a cabeza e, para quitar aquel peso de encima, berrou con forza o
segredo. |
|
|