blix



Iván Prieto: Sal e azucre
Ilustracións de Iván Prieto

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006

Sal e azucre

Nunha casiña de sal ao pé da montaña vivían unha velliña toda de sal e un velliño todo de azucre. Uns días queríanse moito e outros non paraban de discutir. Un día tiveron unha liorta terrible e ela díxolle, ameazándoo co seu bastón de sal, que se fose e fixese unha casa para el só. El foise chorando e coas súas mans de azucre construíu unha casiña de barro; era ben bonita mais estaba triste porque botaba en falta a compañeira. Un día que estaba desgustado foille pedir un pouco de sal para a sopa, mais ela enfadada contestoulle que a fose buscar ao fondo do mar. El volveu á casa chorando, pero como non podía chorar moito para non derreter as súas meixelas de azucre, pediulle a unha nubre grande e gris que chorase por el. E púxose a chover a mares tanta auga que a casiña de sal empezou a derreter, polo que a velliña foi deica a casa del pedíndolle que a deixase entrar, mais el lembroulle que non lle dera nin unha area de sal e deixouna fóra. Como ela se estaba a derreter, sentiu pena o velliño e abriulle a porta. Entón déronse un abrazo grande e fundíronse nun longo bico doce-salgado.
Como ela estaba empapada, quedou pegada ao velliño de azucre. Só cando estiveron ben secos puideron despegarse. Pero a el quedoulle para sempre a boca de sal e a ela a boca de azucre. Desde aquela viviron na casiña de barro e non volveron discutir nunca máis.
Adaptación a partir dun conto tradicional grego ilustrada con fondos compactos de lenzo e figuras modeladas en barro ou plastilina branca, reproducidas a cores a toda páxina.

30 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96573-07-9



.  
TRADUCIÓNS

castelan Azúcar y sal
Il. Iván Prieto - Trad. Iván Prieto
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-67-3
catalán Sal i sucre
Il. Iván Prieto - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-66-6



Opinion