| Xabier P.
Docampo: Roxelio e a couza / A casa do porco
bravo Ilustracións de Ánxeles Ferrer Col. Vouche contar un conto Edicións Xerais. Vigo, 1991 |
|
Xabier P. Docampo preséntanos dúas historias que
teñen como protagonistas aos animais: Roxelio e a couza conta un
encontro entre un neno e un bechiño, unha couza, que vive
alimentándose da madeira, e como xorde entre eles unha relación
de complicidade; A casa do porco bravo narra unha historia de familia na
casa dos xabaríns cando se presenta unha situación de emerxencia.
Mentres o pai e a nai discuten sen chegar a ningún acordo, son as
crías, as pequenas bacoriñas, as que atopan unha solución
práctica. |
|
| Papeles de literatura infantil. Nº 15. Abril 1992 Servicio Municipal de Educación. Concello de A Coruña. |