| Maxi
Caramés: Riciños de ouro Ilustracións de Alberto Toval Col. Fardel dos soños. Edicións Embora. Ferrol, 2007 |
|
Nunha fermosa casa
entre árbores e flores vivían papá oso, mamá oso e
o pequeno osiño. Un día radiante de primavera, logo de limpar a
casa e preparar a sopa para a cea, saíron dar un paseo polo bosque.
Esquecendo a boa educación que recibira na casa, unha nena,
Riciños de Ouro, viu a casiña tan limpa e recollida que non
resistiu a tentación de entrar. E, como tiña fame, ao ver a
saborosa sopa tampouco puido pasar sen probala: a da cunca grande estaba
quente, a da mediana, fría, pero a pequena, xusto como a ela lle
gustaba, polo que a comeu toda. Logo, subiuse á cadeira más
grande, pero estaba dura, a mediana, branda de máis e como a pequena
éralle moi cómoda sentou nela, pero rompeuna co seu peso. Subiu
entón ao cuarto a probar as camas, pero a grande era moi alta, a mediana
moi baixa e a pequena éralle a xusta, polo que se deitou nela. Cando os
osos volveron, atopárona na cama durmida. Entón ela espertou e
saíu correndo pola ventá. E aprendeu a lección, pois desde
ese día nunca volveu entrar na casa de ninguén sen pedir permiso
primeiro. |
|