| Alicia
Suárez: O reiseñor Ilustracións de Alicia Suárez Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999 |
![]() |
Nesta adaptación a partir do conto de H. C. Andersen
nárrasenos que onda o palacio do emperador da China había unha
montaña, na montaña unha árbore, na árbore unha
rama e na rama un reiseñor que coa súa voz facía rir o
corazón. Mandado traer polo emperador, o seu canto emocionouno tanto que
unha bágoa esvarou dos seus ollos e pediulle que quedase en palacio.
Pouco botou, pois ao chegar outro co corazón de latón, regalo do
emperador de Xapón, tornou á súa montaña. |
|