blix



Antón Cortizas: Reirrei
Ilustracións de Juan Ramón Alonso

Col. Dediños, 5
Ed. Tambre - Grupo Editorial Luis Vives. Zaragoza, 2004

Reirrei

Xogo-rima tradicional coa xoaniña como centro. ¿Cantos anos vivirei?, pregúntase e cóntase ata o número indicado na resposta. Ademais, a xoaniña debe voar pois ten o pai en Lisboa, para darlle pan e cebola ou pan de broa e mesmo leite tamén.
Forma parte dunha colección de libros-xoguete con doce páxinas en cartoné, sinxelas ilustracións a cores a toda páxina e texto mínimo. Son "libros con furadiños para enredar cos dediños" de reducido tamaño, para idades a partir de dous anos.

12 p. - 12x12 cm.                                                          ISBN    84-263-5510-2



Opinion