| Alicia
Suárez: O rei ra Ilustracións de Alicia Suárez Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1998 |
|
Libro de tapas duras e ilustrado na súa totalidade. Nel
recóllese a historia do que lle aconteceu á princesa cando xogaba
cunha pelota e esta lle foi caer nun estanque. Ante esta circunstancia
promételle a unha ra que lle dará o que queira a cambio de lla
recuperar. A princesa acaba por non cumprir a súa promesa. Daquela a ra
preséntase nas portas do castelo, obrigándolle o rei á
súa filla a que cumpra aquilo que prometera. A princesa desconforme
chega a aceptar a ra comendo do seu prato e bailando nos seus brazos, pero non
acepta que probe a súa cama. Por iso cando o seu pai non está
presente opta por guindar a ra con forza contra unha parede. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |