blix



Xesús Pisón: O rei aborrecido
Colección Castrodouro. Teatro. A Coruña, 1984


O rei aborrecido

O rei está aborrecido e monologa longamente, desafiando o cuco do reloxo ou cavilando en facer unha guerra, outra máis que vai perder, para divertirse. Chama a Loirín, o seu bufón, que intenta divertilo contando unha historia ou facendo de burro. É inútil. O rei, fóra de si, está disposto a matalo, polo que se lle ocorre chamar ao inventor real. Este só é capaz de conseguir que lle saian orellas de burro ao bufón por medio dun bebedizo pero non un rabo grande. Pode facer que teña ás, pero á maxestade iso non lle chista.
Suxírenlle que chame á Fada Ramona, gorda, fea e peideira que entra con música e non para de bailar. O rei non o soporta e pega a espadazos cos tres antes de anunciar que morre. E cando eles debaten sobre a quen lle toca ser o sucesor, volve en si e decide marchar a divertirse polo mundo, deixándolles a coroa.

44 p. - 10,5x17 cm.                                                                 D.L.    C-348-1984



Opinion