blix



Marisa Núñez: Rato Tom e Rata Tomasa
Ilustracións de Alessandra Cimatoribus

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005

Rato Tom e Rata Tomasa

Rato Tom e Rata Tomasa eran algo máis que amigos. Un día que ela o convidou a biscoito, chegou el tan cedo que, para que matase o tempo, ofreceulle viño e touciño. E tanto comeu e bebeu o rato que lle foi mal. Pensando que morrera de indixestión, Tomasa desgustouse, pechou a casa e púxose de loito. Coa tristeza, a cociñeira rompeu a ola na fonte, que, enteirada do caso, secou, polo que a laranxeira deixou caer as follas ao chan, o que provocou que os paxariños se desfixesen das súas plumas e por estes o ceo escureceu, ceibando unha boa treboada.
Cando por fin escampou, acordou Tom, deulle unha aperta a Tomasa. E foron os dous cear ao tellado.
Adaptación a partir do conto popular do Canadá. Como é característico na colección, o creativo traballo de ilustración preséntase en formato álbum a dobre páxina e a cores.

30 p. - 24x26 cm.                                                               ISBN    84-934516-0-6



.  
TRADUCIÓNS

castelan Rata Tomasa y Tom Ratón
Il. Alessandra Cimatoribus - Trad. Marisa Núñez
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 84-934499-5-4
catalán En Tonet Ratolinet i la Rateta Toneta
Il. Alessandra Cimatoribus - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 84-934516-4-9
catalán O Tom ratâo e a rata Tomasa
Il. Alessandra Cimatoribus - Trad. Dora Isabel Batalim
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-41-3
catalán Martin le rat et Marion la souris
Il. Alessandra Cimatoribus - Trad. Francisco Javier Ortega García
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-03-1



Opinion