|
Había unha vez un rato de campo que vivía no
tronco dunha árbore. Gustáballe o aire limpo da
mañá, as estrelas e o millo das mazarocas. Cada noite lía
nun libro de viaxes preguntándose qué habería máis
alá e soñaba con lugares estraños. Así que un
día colleu o libro e foi descubrir o mundo. Un rato de cidade
vivía nun recuncho dun sumidoiro. Gustábanlle o barullo da xente
e as luces de neón. Cada noite lía nun libro de viaxes
preguntándose qué habería máis alá e
soñaba con lugares fermosos. Así que un día colleu o libro
e foi descubrir o mundo. Rato de campo andou ata que chegou á
montaña. Desde o cumio puido ver unha cidade enorme con casas que
chegaban ao ceo, ¡como as que había no libro. Baixou correndo.
Mirou as luces e oíu a música da cidade. Nunca vira cousa
igual! Rato de cidade andou ata que chegou á casa máis alta da
cidade. Desde o tellado puido ver un campo enorme como os do libro. Baixou
correndo para chegar axiña. Reparou na fermosura das estrelas e sentiu
os grilos cantar. Nunca vira cousa igual! Rato de campo buscou comida no
lixo entre milleiros de ratos e persoas con farrapos. Pasou o día
apampado entre o bruar dos coches. Gustáballe a cidade. Pero ao cabo de
sete días botaba de menos o campo e non aturaba o agobio da
cidade. Rato de cidade comeu uns grans de millo, mirou os animaise e subiu a
unha árbore. Pero ao cabo dunha semana sentiuse aburrido sen ter que
facer en todo o día. Botaba de menos a cidade. Aquel mesmo día
os dous recolleron as súas cousas e volveron para cadanseu lugar
pensando: é bonito viaxar, mais tamén é bonito
regresar. |