blix



Colectivo Crisol: O rato da casa e o rato do monte
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra
Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2000

O rato da casa e o rato do monte

Un rato do monte e outro que vivía nunha casa, que eran curmáns, atopáronse un día de inverno e, como o do monte ía con frío e fame, o da casa convidouno a instalarse con el. Deste xeito tería comida a fartar e estaría ao quente. Seica había un gato, pero sempre estaba durmindo.
Cando chegaron á casa, o rato do monte pediulle a seu curmán que entrase de primeiro por onda o gato, que parecía durmir. Pero acordou de súpeto e pillou o rato entre as súas gadoupas. E o do monte liscou dicindo: "Vale máis no monte fraco / ca gordo no cu do gato".

24 p. - 16x16 cm.                                                          ISBN    84-95350-37-8



Opinion