blix



Xosé A. Perozo: A ratiña presumida
Ilustracións de Miriam Klug

Col. O Parrulo, 26. Ed. Ir Indo. Vigo, 2001

A ratiņa presumida

Había unha vez unha ratiña presumida que atopou unha moeda de ouro varrendo a súa casiña. Moi contenta, quixo comprar un adobío para poder casar. Pensou en mercar un sombreiro, mais agacharíalle a cabeciña; uns lentes de sol, os fermoso ollos; as luvas, as súas fermosas mans; un bolso, pero como é pobre non ten nada que gardar; unha fita azul para o cabelo... e con ela fixo un fermoso lazo.
Sentou logo á porta da casa agardando os pretendentes. O touro non lle vale para casar pois como pola noite fai "muuu" podería asustala; o porco, tampouco polo seu "gruá gruá"; o galo, polo seu "kikirikí"; nin o gato co seu "miau miau" ou o can co "guau guau". Mais si o señor rato, que pola noite só fará "durmir e calar". Por iso casou con el.
Versión libre do conto popular en letra caligráfica e ilustracións a toda páxina.

24 p. - 20x17 cm.                                                          ISBN    84-7680-041-X



Opinion