blix



Mon Daporta Padín: As rans
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 1. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

As rans

A rata Luísa rise a cachón escoitando as ras sempre co seu "ro ro". Se lles preguntan ou falan entre elas sempre din o mesmo. Co seu "ro ro" arranxan a vida, tanto se se queren como se pelexan, cando xogan ou se laretan. Están todo o día a roar e a rata Luísa moito ri con elas.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-25-4



Opinion