blix



Magda Soldado: É rara Makeke?
Ilustracións de Jacobo Muñiz

Col. Xiz de Cor, 9. Ed. Baía. A Coruña, 2006

É rara Makeke?

Unha ringleira de formigas do deserto, felices baixo as ferventes raiolas do Sol e aínda que a comida escasea, vese sorprendida pola temible tormenta do deserto. Unha delas, Makeke, arrastrada polo vento, viuse de pronto soa nun chan cuberto de herba. Botouse a camiñar e bateu cunha bolboreta, que lle dixo que endexamais vira o deserto. Logo preguntoulle á velairiña que lle contestou que quedaba moi lonxe, pero onda o Carballo Vello había un formigueiro onde pasar a noite. Os gardas recibírono sen cordialidade por ser rara e vermella. Levárono onda a Raíña. Aínda que as formigas azuis non a querían alí, a Raíña deixou que quedara no formigueiro. Non a trataban como as demais: encargábanlle as peores tarefas, dábanlle as faragullas de comida e mandábana durmir no chan. Triste, decidiu marchar, deixando unha notiña de despedida explicando os motivos. Ao lela, a Raíña mandou buscala, decatándose da inxustiza que cometeran. E alí quedou, contenta.
Por máis que as outras eran azuis e ela vermella, se todas se respectaban non tiña importancia. Era feliz si, mais non renunciaba á idea de volver xunto ás vellas compañeiras, no caloroso deserto.
Edición en formato álbum con ilustracións a cores e a toda páxina.

32 p. - 21x21 cm.                                                        ISBN    978-84-96526-65-5



Opinion