| Maite
García: Rapunzel Ilustracións de Antonio Caíña Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001 |
|
Hai moitos anos, nun remoto país un home e unha muller
desexaban ter un fillo, pero non vían cumprido o seu desexo. Estaban
tristes, polo que cando un día a muller lle pediu pexegos do
xardín veciño dunha bruxa malvada, no que ninguén se
atrevía a entrar, o home saltou o valado e tróuxollos.
Tamén as noites seguintes. Nunha destas, sorprendeuno a bruxa.
Ofreceulle cantos pexegos quixese a cambio de lle entregaren un fillo, se lles
nacía. Aceptoulle. Pasado un tempo tiveron unha nena, que a bruxa levou.
Púxolle de nome Rapunzel. Fermosa, aos quince anos, pechouna nunha torre
sen porta nin escaleira. Para visitala, mandáballe botar a súa
trenza dourada pola fiestra e gabeaba por ela. |
|