blix



Bernardino Graña: O Quirico lambón
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1997

O Quirico lambón

Un galo de monte que ía ao casamento do burro sabio Perico atopou un gran na lama e comeuno, manchando o pico. Mandoulle entón á herba que llo limpase. Como esta se negase, ordenoulle á ovella que comese a herba. Tampouco o conseguiu. Non accederon á súa cadea de vinganzas o pau, o lume, a auga, a vaca, o pastor nin o oínte infantil, ¡que non lle vai pegar ao pastor bo! Coa rabia, o galo moveu as ás e o vento que formou limpoulle o pico.
Pero volveuse manchar na voda, inchando como un balón de tanto comer. Todos riron ata que ti, lector oínte, durmiches. Despertarás cando o galo inche o peito e solte o seu "cocorocó" porque saíu o sol.

56 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84--8302-173-0



Opinion