| Xoán Babarro / Ana
Mª Fernández: ¡Que risa de
rata! Ilustracións de Ánxeles Ferrer Col. A maxia das palabras. Dirección Xeral de Política Lingüística. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1999 |
![]() |
Nun fermoso lugar, a toupa pariu tres toupiñas cegas. A
primeira vez que saíron a pasear cantando, a rata Lambelata asustounas
anunciando que lle gustaban as toupas. O segundo día quixérona
desafiar pero liscaron con medo. O terceiro ela ameazounas con voz de xigante e
ficaron desmaiadas. Case as come de non ser pola mai que as foi salvar e puxo
no lugar delas tres toupas de mentira feitas de sal, allo e pemento picante.
Cando a rata as quixo engulir, logo de cociñalas no
barreñón, sentiu que lle ardía a boca. Liscou a todo
correr ata o río grande. |
|