blix



Neves Estévez: ¿Quen pasou por aquí?
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. O Parrulo, 15. Ed. Ir Indo. Vigo, 1995

¿Quen pasou...

O parrulo con sombreiro, a ovella con vestido de algodón, a vaca da beiramar onde as vacas dan merengue e xelado polo verán, o gato lambón de ovos e mexillóns, o caracol que apaga cos seus cornos o farol, o porco do xamón pintado, o cempés que gasta moito en zapatos, a toupa que enche o camiño de toupeiras, o cabalo ao galope e un tópico veraneante buscapraias, pasaron por aquí.
E como ninguén máis pasou, remata o conto no que as pegadas e o texto en forma de xogo de adiviñas atopan a solución ilustrada na páxina seguinte.

26 p. - 20x17 cm.                                                   ISBN    84-7680-207-2



Opinion