blix



Fina Casalderrey: ¿Quen me quere adoptar?
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Merlín, 156. Edicións Xerais. Vigo, 2005
White Ravens 2006

¿Quen me quere adoptar?

Unha noite, a Manuel tardoulle moito en vir o sono. Mirou a lúa e viuna triste. Á mañá, un xílgaro achegouse á súa ventá e liscou antes de que o puidese aloumiñar.
Manuel é un mestre xubilado, que vive co seu gato, Sol. A súa única filla, médica, está en África curando nenos. A súa compañeira de toda a vida marchara a unha viaxe moi longa porque lle chegara a súa hora. Aquela tarde non tiña ganas de rir nin de merendar e non sabía qué facer co seu tempo. Entón ocorréuselle preparar un cartel no que demandaba unha familia con nenos que o puidera adoptar a el. Pegouno na porta. Mais ninguén lle prestou atención. Dous días despois, engadiulle que sabía latín e matemáticas; de alí a outros dous, que non buscaba diñeiro.
Daquela, presentouse ofrecéndolle a súa casa unha muller con pelos de pincho e peituga de galiña, que viña cun neno ruín coma un can malo. El non quixo ir. Logo, outra con voz de veludo, acompañada de trillizos: dúas nenas moi feitas e un neno ledo que lle regalaron tres sorrisos enormes e tres olladas de mel. Esta vez aceptou. Colleu o gato Sol e marchou con eles para a súa casa, onde lle celebraron unha festa de benvida.
Dende aquela, cada mañá, o xílgaro ven espertalo á súa ventá. E cando de noite mira a lúa, parécelle que está contenta, a xogar coas estrelas.

56 p. - 19x14 cm.                                                  ISBN    84-9782-359-1



Opinion