|
| Agustín
Fernández Paz: ¡Que medo, mamá
Raquel! Ilustracións de Fran Jaraba Edicións Singulares. Eds. Xerais. Vigo, 2005 |
|
Fran e Sara quedan sós na casa pois os pais van ao cine e a
avoa Raquel aínda non chegou para encargarse deles. E xa é noite.
Fóra bufa o vento como un tolo e a chuvia bate con furia contra os
cristais. De repente, vaise a luz. Collidos da man, buscan pola casa unha
lanterna, mais na escuridade descobren estraños seres no cuarto da nai
escultora, como se unha bruxa entrase pola fiestra desordenalo; a sala é
un bosque sombrío co sofá transformado nun animal terrible; un
dragón de longo pescozo tenta pillalos cando abren a porta, ata que
inmóbil, réndese; unha voz como a da veciña chámaos
do outro lado da porta, mais ha ser un lobo que a comeu e agora se disfraza
para enganalos... No portal hai un ogro terrible que trata de pecharlles a
saída á rúa, en total escuridade, como se ata alí
chegase tamén a maldición da bruxa: onde antes estaba a
rúa hai unha grea de monstros metálicos con ollos que brillan de
xeito estraño. Logran cruzar ao outro lado, á busca da casa da
súa amiga Ana... |
|