blix



Yolanda Castaño: Punver
Ilustracións de Eduardo Hermida

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006

Punver

Punver é un punki-vermiño de bo corazón mais un pouco diabriño, que se mete en moitas falcatrúas. Como é algo despistado, afástase de todos, e en lugar de ir a ras do chan vai polos tellados, facendo así as máis incríbeis viaxes. Así, un día que foi ao campo cos demais punki-vermiños meteuse, distraído, pola perneira do pantalón dun neno que estaba durmindo, e visitoulle todas as roupas. Outro día foi coa tía visitar unha horta, deitouse entre as follas dunha leituga, que unha muller arrincou e lavou baixo da billa; así, polo desaugadoiro, foi por canos e cloacas, chegando ao vertedeiro, de onde o rescataron uns parentes amigos do lixo e a porcallada.
Outro día, con fame, meteuse nunha mazá, que colleu unha nena famenta. Tragouno nun bocado. No ventre sentiu medo pois estaba todo moi escuro, ata que chegou a un corredor pequeniño e fedorento. Cando logrou saír, xurou que a próxima vez andaría con máis coidado. Contou logo que pasara moito susto nesta viaxe: metéraselle á nena vestida de azul pola boca e saíra polo cú.
Edición en formato álbum con ilustracións a toda páxina e cores.

28 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN     978-84-8288-960-3


Punver . Yolanda Castaño: Punver
Ilustracións de Eduardo Hermida


Col. No país dos contos, 11
Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007


Reedición noutra colección


28 p -18x20 cm ISBN   84-9815-793-5/978-84-8288-990-0



Opinion