|
Gloria
Sánchez: ¡Pum-pum! |
![]() |
A ratiña
presumida quere casar. A mai aconséllalle que o faga con un
ratiño de bo porte, trato e oficio. Pon un aviso na porta e van
desfilando os pretendentes: o xastre, o carpinteiro, o albanel, un
vaqueiriño, un ferreiriño ou o zapateiro, que lle poden facer,
respectivamente: un calzón, un sillón, un castelo, queixo, un
caldeiro ou zoquiños. Pero no corazón levan agullas e
fíos, martelos e cravos, tixolo e cemento, manteiga de micho, cadea de
ferro ou betume e amallós... Por iso non os pode aceptar. |
|