|
Uns labregos tiveron un fillo pequeno como unha pulga, ao que
lle puxeron de nome Pulguiña. Era moi traballador e valente.
Meténdoselle na orella, guiaba o burro. Labraba a terra
afalándolles ás vacas sentado no xugo, pero un día
descansando na palla a Pinta papouno dun bocado. Desde a barriga da vaca,
berroulle ao pai que se a mataba el daríalle trinta. Así o fixo,
sen dar co pequeno, que estaba entre as tripas. Comeunas un lobo e con elas a
Pulguiña. Cando aquel ía asaltar as ovellas, alertounas e os
pastores matárono. Tampouco estes atoparon o cativo. Fixeron un pandeiro
co pelexo e nel quedou atrapado. Fíxoo soar cando repartían o
botín uns ladróns, que liscaron a fume de carozo. Entón
deu saído del, apañou trinta moedas de ouro dos ladróns e
tornou á casa. Entre a alegría dos pais pola súa volta,
anunciou a súa promesa cumprida: traía as trinta que
anunciara. Adaptación a partir do conto popular esplendidamente
editada. |