blix



Miguel Vázquez Freire: A primeira máquina de fotos
Ilustracións de Pablo Otero "Peixe"

Col. A maxia das palabras. Dirección Xeral de Política Lingüística.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 1998

A primeira máquina de fotos

Lara recibiu un inesperado regalo de Reis: unha máquina de fotos desas de revelado automático. Deu en retratar aos pais, avós e amigos, que saíron como nunca se viran nunha fotografía. Agás Milagriños, a presumida, que cando a fotografaba caeu á fonte e ¡claro! só se lle viron dúas pernas asomadas na auga.
Continuou no colexio, cos profes e o conserxe, pero cando chegou á odiada directora a máquina negouse a funcionar. É máxica: vale para persoas normais pero non para bruxas e demos deste mundo ou do trasmundo.
A poderosa creatividade das ilustracións arroupa felizmente a maxia do texto.

22 p. - 14x10 cm.                                                                D.L.    C-788/1998



Opinion