blix



Xosé Ballesteros: Poucapalla
Ilustracións de Ana Pillado

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

Poucapalla

Nesta adaptación a partir do conto popular cóntase de cando na aldea de Poucapalla os seus habitantes eran felices e non pasaban fame. Ata que un día un labrego que volvía co gando notou un soprido nas costas, caeu desmaiado e ao acordar xa non tiña o gando. Logo pasoulles a máis. Así chegou o medo e con el a fame.
A xente botáballa as culpas á bruxa Timotea, que inmobilizaba a xente co seu ollo torto. Non sen medo, foron os homes cazala ao bosque, pero non estaba. Pedíronlle axuda ao conde, que se negou a protexelos cos seus soldados. Na praza, atoparon a Ulises, que marchara de Poucapalla á procura de aventuras. Dixo que nas súas viaxes vira xigantes como montañas e outras marabillas, pero nunca xente tan medorenta coma eles. Soubo entón que o zapateiro e o cordeeiro non vendían nada e que o barbeiro cortáralles o pelo a todos. Marchou á busca do que trae a fame á aldea. E trouxo ao mesmísimo conde. Caeu na conta de que era el o ladrón porque vai calzado: eles, non; porque ten barba e cabelos longos: eles, non. Dáballes cun pao e roubaba o gando. Pediu que non o matasen: que lles devolvese o roubado e o puxesen a traballar coma eles.
Ao día seguinte, Ulises marchou de novo. Foise á procura de novas aventuras.

36 p. - 22x22 cm.                                                             ISBN    84-8464-088-4



.  
TRADUCIÓNS

castelan Pocaleña
Il. Ana Pillado - Trad. Xosé Ballesteros Rei
Col. Libros para soñar. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002
32 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-8464-132-5
castelan Pocaleña
Il. Ana Pillado - Trad. Xosé Antón Ballesteros Rei
Col. Minilibros para soñar 3. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2003
32 p. - 7x7 cm / ISBN: 84-8464-049-3
catalán La bruixa de pocapalla
Il. Ana Pillado - Trad. Iolanda González
Col. Llibres per a somniar. Kalandraka Catalunya. Barcelona, 2002
32 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-95730-25-1
Euskera Larremotzeko sorgina
Il. Ana Pillado - Trad. Koldo Izaguirre Ureaga
Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002
32 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-8464-147-3



Opinion