blix



Xesús Pisón: A porta prohibida
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Tartaruga, 4. Ed. Galaxia
Vigo, 1985

A porta prohibida

Houbo unha vez un rei que vivía nun castelo enorme do que lles prohibira saír aos seus súbditos contándolles que fóra había un xigante que paparía a todos os que cruzasen a porta de saída. Deste xeito, tíñaos escravizados e traíanlle todo o que se lle antollaba, fose biscoito, pastel de cereixa ou unha pelota. E cando se poñía de malas pechaba a xente nun cuarto cheo de bruxas que cravaban alfinetes de cores no cu. Era o rei máis abusón do mundo.
Xan Perico, rapaz desobediente, rouboulle un día o seu cabalo voador. E recibiu o seu castigo. Entón liscou do castelo. Fóra atopou os ananos dos xogos. Con eles aprendeu a xogar. Logo, argallou que se puxesen uns enriba doutros, cubertos cunha capa, e de cabeza unha máscara moi fea. Apareceron así onda o rei, que fuxiu aterrado. Entón, os habitantes do castelo marcharon cos ananos para o monte e alí xogaron todo canto quixeron.

16 p. - 16x19 cm.                                                        ISBN    84-7154-521-7



Opinion