| David Otero
Fernández: Por se che pasa Ilustracións de F. Mantecón Col. Tartaruga, 20. Ed. Galaxia Vigo, 1988 |
![]() |
Un
grande tractorista dirixiuse a unha aldea co seu tractor. Os nenos, que estaban
de vacacións, saíronlle ao encontro e no quinteiro
pedíronlle, por encargo dos seus pais, que fose traballar ás
súas casas. Para decidir a cál iría, preguntoulles
cómo enfriaban o leite. Na neveira, con auga, botándolle galletas
e mollando nel pan torrado con manteiga salgada... Esta última foi a
resposta que máis lle gustou, polo que xa soubo ónde traballar:
na casa da nena á que se lle ocorrera. Nela, antes de empezar o
traballo, almorzaron os dous para celebralo. |
|