blix



Ricardo Carvalho Calero: As pitas baixo a choiva
Ilustracións de Alberto Toval

Col. Fardel dos soños. Edicións Embora. Ferrol, 2008


As pitas baixo a choiva

Conta a voz narradora que nos tempos da súa nenez os galos eran máis maxestosos, como o que reinaba no curro da casa na que pasaba o verán. Había tamén galiñas ás que el lles levaba o millo e recollíalles os ovos, nunha relación de amizade que o levaba a ter mesmo diálogos mentais con elas. Un día que caeu unha chuvia de verán, torrencial, as pitas, sen ter onde recollerse, estaban ensopadas e tristeiras arrechegadas ao muro mentres a auga caía cruelmente por elas. El teimou en metelas na casa, pero fuxíanlle. Tivo que saír toda a familia axudarlle e só cando entre todos as deron metido na casa, aceptou entrar el tamén.
A historia, anecdótica, atinxe unha dimensión nova coas ilustracións, limpas e expresivas.

24 p. - 22x22 cm.                                                      ISBN     978-84-95460-94-3



 traducións 

castelan

Las gallinas bajo la lluvia
Il. Alberto Toval
Col. Fardel dos soños. Edicións Embora. Ferrol, 2008
24 p. - 21x21 cm / ISBN: 978-84-95460-99-8




Opinion