blix



Tono Núñez: O pirata Metepata
Ilustracións de José Tomás

Col. Xiz de Cor, 8. Ed. Baía. A Coruña, 2006

O pirata Metepata

Un barco con velas de flanela, temón de algodón, mastro de alabastro e remos de cartón marchou para o mar dos golfiños. Mais encallou nas rochas de algodón cun golpe de vento. Entón abordouno o barco do temido Pirata Metepata, ameazándoos coa súa espada de folla de lata. Pero fuxiu a todo meter cando o capitán Peneque, galego, sacou do peto a súa cachimba-canón e comezou a botar lume pola boca. Milleiros de golfiños en procesión sacaron o barco das rochas. Entón o velliño peneque volveu para a terra descansar e regaloulle esta historia ao autor, que a conta en verso directo e áxil.
Edición en formato álbum con ilustracións a toda páxina e a cores.

32 p. - 21x21 cm.                                                         ISBN    978-84-96526-64-8



Opinion