| Cristina
Miranda: O Pirata Pata de Lata Ilustracións de Ramón Trigo Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1998 |
|
Escrita en pareados, preséntase esta historia do Pirata
Pata de Lata que co seu barco mariñeiro e o seu loro Simeón
percorre o mundo enteiro. Este bucaneiro esperta cuns enormes desexos de loitar
pero na súa embarcación non hai ninguén con quen poida
pelexar agás un fantasma que alí habitaba. Decide que el
será o seu contrincante mais o fantasma non está de acordo con
esa decisión e prodúcese unha longa persecución. |
|