 |
Nun planeta agochado tras da Lúa, vive Pipo, un pastor
de xoaniñas, que por certo dan un leite con sabor a amorodo merengado
que moito lle gusta ao rei Luón. Pipo ten un soño: viaxar
onda as estrelas. Un día fáiselle realidade gracias a Estela,
unha estrela brillante e acróbata, que o leva montado no seu lombo ao
mar de estrelas, onde milleiros delas nadan e bailan felices; a un planeta
branco como a neve -que por certo resulta ser un fato de ovellas-, onde un
carneiro pouco hospitalario case lles derrama a excursión; e a outro
encarnado como unha cereixa onde coñecen un verme moi fachendoso. De
volta no seu reino atopan a Luón enfadado porque o pastor abandonara o
rabaño. Entón Estela tamén o leva de paseo ata un planeta
agrisado, con dous únicos habitantes que viven enfrontados nunha guerra
interminable. Regresan horrorizados. Porque Luón e Pipo sempre
serán amigos. Por certo, Estela marchou, aínda que se cadra
algún día volvemos vela brillar... Espléndida
edición na que o traballo de ilustración desempeña un
papel decisivo. |