blix



Manuel Uhía: Pinturiño
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Ala Delta, 45. Serie Vemella
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1996

Pinturiņo

Pinturiño era un lapis convencido de que estaba chamado a facer cousas importantes. Aspiraba a rematar a súa vida na vitrina dun museo. Miraba por riba do ombreiro aos lapis modestos que vivían nas mans de simples nenos.
Pero as cousas non lle "pintaron" como el quería. Comezou ao servicio dun simple tendeiro, seguiu de pao de portería para os futbolistas de xoguete dun neno que lataba á escola, e rematou levado pola enxurrada deica o mar, onde o comeu un peixe. Perdeu así toda a súa fachenda. ¡Quen lle dera ser un humilde lapis de tendeiro!
Caeu logo nas mans dun náufrago nunha cativa illa e serviulle para mandar unha mensaxe de socorro nunha botella. Emocionouse. Sentiu, agora si, que fixera algo máis grande do que nunca soñara.

48 p. - 18x13 cm.                                                             ISBN    84-263-3460-1




Opinion