 |
Ao dragón Arco da
Vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente as que quedan,
tímidas, no envés das follas despois de saír o
sol. Unha tarde de abril, Pinga Roseira saíu de compras e logo foi
tomar un xeado coas amigas. Faláronlle do Arco da Vella, que cando as
atravesa coa súa lanza de diamante fai as pingas brillar en mil cores. E
contan que ao volver para a casa, el estaba agardándoa, disposto a
bebela. Mais Pinga conseguiu refuxiarse na casa. Intentouno el despois
disfrazado de mar, de río, de lago, de fonte ata que, cun disfrace de
choiva e un paraugas de corazóns, logrou conquistala. Entón ela
deulle un bico de calor e, antes de que a bebese, agarrada a un raio de sol,
debuxou no ceo un longo Arco da Vella. Ao vela, o dragón converteuse
nunha pinga de orballo. Dende entón, Pinga e Dragón xogan a
beberse ata que chega a noite. Álbum no que destaca o traballo de
ilustración creando un clima onírico moi dinámico e
suxestivo. |