| Manuela
Rodríguez: O pescador e a súa
muller Ilustracións de Josep Rodés Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002 |
|
Érase un pescador que vivía nunha chabola preto
do mar. Un día de mar limpo e claro, saíu da agua un enorme
rodaballo, que lle falou e lle dixo que non era un peixe, senón un
príncipe encantado. Devolveuno ao mar. Cando o soubo a muller,
ordenoulle que volvese onda el e lle pedise en pago pola liberdade unha casa
para eles. Foi e, co mar revolto, explicoullo: o peixe concedeulle o desexo.
Pero non parou aquí a cousa, pois a muller non se conformou e reclamou
do rodaballo: primeiro un castelo, logo ser raíña e despois Papa.
Nada contento, pero con temerosa obediencia, cumpriu os encargos o
mariñeiro, regresando ao mar (axitado primeiro, picado logo e
embravecido despois) e de volta na casa atopouse cos desexos da súa
muller satisfeitos. |
|
|