| Anxo
Fariña: O pelelliño pantasma Ilustracións de Anxo Fariña Col. Os Pelelliños, 4. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007 |
|
Tres pelelliños atopan no alto do monte un misterioso castelo
abandonado. Entran nel e un poderoso ouveo asústaos. Cando pegan a
correr fuxindo da pantasma caen por unha porta aberta e unha corda mol
atrápaos antes de que se manquen. O seu salvador é o
pelelliño pantasma, que soamente quere xogar con eles. E así
acaban xogando os catro ás agachadas. |
|