blix



Anxo Fariña: O pelelliño médico
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Os Pelelliños, 2. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

O pelelliño médico

O pelelliño bebé ten unhas manchas moi raras e non se atopa ben, polo que chaman ao pelelliño médico, que lle tira a chupeta e ponlle o termómetro: está moi quente. Logo míralle a gorxa e escóitalle o corazón. O diagnóstico está claro: ten pelellose. O pelelliño médico ponlle unha inxección que non doe e dous días despois xa está curado.
Colección de historias mínimas protagonizadas por Pelelliños, uns seres máxicos que só os nenos e nenas poden ver. Poden cambiar de cor e tamén de forma, e gústalles moito xogar.
Edición en pequeno e orixinal formato con ilustracións a cores a toda páxina.

16 p. - 12x11 cm.                                                         ISBN    978-84-8341-128-5



Opinion