blix



Abraham Carreiro: A pel do crocodilo
Ilustracións de Abraham Carreiro

Col. Contos que len outros nenos do mundo. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008

A pel do crocodilo

Hai moitos anos, os habitantes dunha pequena aldea africana vivían atemorizados por unha misteriosa luz branca no horizonte que os deslumbraba. Un día, dous valentes marcharon á busca da súa orixe, nunha lagoa xigante. Alí, descubriron que era a pel brillante e mollada dun crocodilo que ao saír da auga reflectía a luz da lúa. Ao que o souberon, todos os animais da sabana achegábanse coa noite a beber á lagoa para observar a fermosa pel. En vista do éxito, o crocodilo, orgulloso, comezou a saír máis veces do habitual da auga e mesmo de día, nas horas de sol e calor.
De tanto exporse ao sol, a pel comezou a enrugárselle cada día máis: pasou de ser unha pel de lámpada a unha pel de figo da que os animais xa se rían. E sentindo lástima del, deixaron de ir beber á lagoa. El volveu ao seu hábitat natural, a auga. E dende entón, sentiu tal vergoña que non quixo saír nunca máis da lagoa, agás para o necesario e procurando que ninguén o vise. Por iso os crocodilos teñen a pele enrugada e non sacan máis que os ollos e o fuciño fóra da auga.
Primeiro número dunha colección que incorpora contos recompilados pola súa mascota, unha cegoña viaxeira. Nesta entrega, recóllese un conto popular de Namibia, en edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                      ISBN    978-84-8341-208-4



Opinion