blix



Ramón Loureiro: O peixe de pedra
Ilustracións de Xaquín Marín

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

O peixe de pedra

Aquel día de primavera, a Princesa Capisura, Herdeira do País de Ambroa, celebraba o seu cumpreanos con catro príncipes herdeiros, que lle regalaran un globo con forma de reiseñor para pasear polo aire. De pronto, apareceu nadando pola baía un peixe de pedra. Chegou esgotado, pois viña das Illas do Norte, na Bretaña Primeira, mandado por San Pedro ata esta Bretaña Terceira coa misión de anunciarlles que Madriña do Ceo ía vir no solpor, polo Río Branco do Firmamento, darlles un bico e dicirlles unha cousa que ningún neno do mundo debe esquecer. Por estrear o globo, saíron ao seu encontro, levando tamén o peixe.
No camiño, o Morgado da Terra de Escandoi, desde o seu queimado castelo, saudounos enviándolles un desexo de boa viaxe nun avión de papel; unha pomba mensaxeira de Henrique de Caldaloba, o Señor de Dúas Cabezas, tamén se lles achegou; no Alto da Xesta ven o Mago Merlín e xa en Mondoñedo a Madriña do Ceo díxolles: "O mundo, meus nenos, é para vós". Entón as estrelas comezaron a brillar máis que nunca e o peixe de pedra transformouse nun peixe de luz e marchou con ela, nadando polas estrelas. Eles volveron para a casa seguindo o ronsel das últimas raiolas de sol.
Non o saben aínda, pero dende aquel día teñen os cinco unha estrela brillando sempre dentro dos ollos e un peixe de luz, como os que hai no ceo, cantando dentro do seu corazón.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-48-3



Opinion