blix



Rosa García Vilariño: O Pedro pillabán
Ilustracións de Luis Errazkin

Col. A chalupa, 3. Ed. Galaxia
Vigo, 1983

O Pedro pillabán

Adaptación dun conto popular vasco sobre un labrego nugallán pero espilido. Non traballaba as terras e procuraba mantenza en casa allea, xa que na súa nada quedaba. E, claro, os cobradores chégaronlle á porta.
Para librarse deles deulle ao caletre e primeiro enganounos cunha lebre que supostamente sabía falar. Descuberta a trapela, cámbialles as débedas por unha aixada que atopaba o pan na terra que sachaba. Pillado novamente, emprestoulles o chifre que dominaba á muller, aparentando matala e argallando que con el resucitaba. Como volveu quedar en evidencia, cando o ían chimpar á auga montouna de tal xeito que convenceu aos cobradores de que sabía do sitio do mar onde pillar ovellas a moreas.
Alá os botou e el aquí quedou tan campante.

32 p. - 17x19 cm.                                                             ISBN    84-7154-452-0



Opinion