| Manuela
Rodríguez: O patiño feo Ilustracións de Ana Sande Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999 |
![]() |
Era verán cando unha pata descubriu con abraio que do
maior dos seus ovos saíu un pato grande e feo que non se parecía
a ningún dos irmáns. Os outros animais deron en se rir del por
ser tan raro, polo que escapou do lugar. No camiño atopou uns gansos,
aos que atacaron os cazadores, pero a el cheirouno un can e desprezouno. Parou
logo na casa dunha velliña cun gato e unha galiña fachendosos;
canso de aturalos, liscou. Marabillado, viu pasar unha bandada de paxaros de
longas ás que voaban moi alto cara a outras terras. Veu o duro inverno e
quedouse conxelado; menos mal que o recolleu un labrego con fillos que
querían xogar con el, polo que fuxiu de novo. Coa primavera, voltaron as
fermosas aves: eran cisnes. Mirándose no espello da auga e soubo que era
un deles. |
|