| M. Lourenzo
González: O patadón Ilustracións de Andrés Meixide Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2002 |
|
Os nenos xogan
felices cun balón de coiro sen molestar a ninguén. Ata que
irrompe un grandullón que lles quita o balón e dálle unha
brutal patada. Alá vai o balón como un foguete. Chega a unha
terraza onde un cidadán facía ximnasia. Pasa pola rúa
provocando choques e potes. Molesta cos seus botes aos que descansan e aos que
traballan. Provoca o caos no parque público e no zoo. Calquera sabe onde
iría bater brincando, que se lle perdeu a pista... |
|