blix



Mon Daporta Padín: Parella guai
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 3. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

Parella guai

Roxelio é un rato educado e listo que escribe historias no ordenador na súa oficina. Luísa traballa na tenda do electricista. Ao acabar o traballo, os dous xuntos fan a compra, cociñan, lavan a roupa e plánchana. E cando rematan, sentan a ver a televisión no salón.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-27-0



Opinion