| Xosé
Antonio Perozo: Papá Ogro Ilustracións de Evaristo Pereira Col. Elefante Contacontos, 7 Ed. Ir Indo. Vigo, 1999 |
|
En Candaca, os xefes Mandamais, Mandapouco e Mandamenos non se poñen de acordo para gobernar a cidade. Mandamais decide convencer o ogro do castelo de que dirixa Candaca. Papá Ogro acepta moi ledo, aínda que, coma todos os ogros, durante o día fai que ama os veciños e pola noite devora todo canto pode. Deste xeito chégase a unha situación na que os poderosos amorean tesouros mentres o pobo é cada vez máis pobre. Mandamais e Mandapouco foxen coas súas riquezas e Mandamenos é devorado polo Ogro ata que, finalmente, a vila desaparece e Papá Ogro volve ao seu castelo. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia Santiago de Compostela, 2001 |