blix



Textos populares: Pandas
Ilustracións de Marcos Calo

Col. Ler é Vivir. Everest Galicia. A Coruña, 2008

Pandas

Recompilación de fórmulas recitadas que guían os xogos de grupo. A aliteración e expresividade do significante polo seu impacto sonoro e un ritmo marcado polo dinamismo convértenas nun prólogo lúdico que abre as portas do enredo. Habitualmente breves e en verso de arte menor poden constituír en si mesmas o xogo. Os animais próximos, os reis e raíñas ou a inevitable referencia aos números conforman os campos semánticos básicos, nos que as palabras evocan e convocan a un tempo. E sempre como unha celebración na que a aceptación das regras da sorte é inevitable, porque cómpre "enviolar, / enviolar, / o que ría / ha de apandar".
O traballo de ilustración sobresae engadindo unha gran forza expresiva á edición.

48 p. - 21x19 cm.                                                ISBN    978-84-403-1057-6



Opinion