blix



Iván Suárez Núñez: Palabra de crocodilo
Ilustracións de Iván Suárez Núñez

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005

Palabra de crocodilo

Era unha vez un crocodilo grande e vello que un día tanto se afastou do río que lle quedou o rabo teso e non se podía mover. Ía morrer de fame cando o viu Bamako, que se apartara do poboado perseguindo un paxaro. Pediulle chorando que o levase ao río, e a cambio do favor axudaríalle a cruzalo. O rapaz cargou con el ata a beira. Unha vez na auga, o crocodilo pediulle que fose metendo cada vez máis adentro, até que a auga lle chegou ao pescozo ao rapaz. Entón o animal atrapouno entre as súas mandíbulas. El recórdalle o acordado, mais o outro contesta que "crocodilo africano non fai trato con humano".
Bamako di de preguntarlle á árbore se é xusto; esta responde que lles dán aos homes sombra e froitos e eles córtanos coas súas machadas, polo que o debe comer. Di logo de preguntarlle ao burro, que opina o mesmo, pois toda a vida cargou co seu amo e agora que é vello trátao a paus. A vella lebre ten a última palabra: pídelles que se veñan á beira para oílos ben e, asombrada de que un rapaz tan pequeno puidese cargar cun animal tan grande, considera que é Bamako quen debe comer o bicho, como escarmento por non ter palabra. Pero o rapaz compadeceuse e pensando que se o come nunca vai aprender a lección, volveu con el ao río, onde unha boca enorme de crocodilo o atrapou e cruzouno á outra beira.
Adaptación do conto popular de Burkina Faso editado en formato álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

42 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    84-934516-8-1



.  
TRADUCIÓNS

castelan Palabra de cocodrilo
Il. Iván Suárez Núñez - Trad. Iván Suárez Núñez
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
48 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-934516-7-7
catalán Paraula de cocodril
Il. Iván Suárez Núñez - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
48 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-934516-9-1



Opinion