|
Paco era un mozo que pasaba os días asubiando e sen
facer cousa, até que un día a mai lle dixo que fose buscar
traballo e non volvese á casa sen unha paga. E alá foi el. O
luns foi a unha xastrería, onde coseu até romper a a agulla. O
xastre botouna fóra pagándolle unha moeda, que el botou a rodar
polo camiño abaixo. Ao chegar á casa, a mai rifou con el por non
tela gardado no peto. Para outra vez, xa o faría, díxolle el.
O martes regou na casa duns labregos até que a auga lle chegou ás
orellas. O labrego botouno fóra dándolle un pote de mel, que el
meteu no peto, polo que ao chegar á casa non levaba nada. A mai
berroulle que tiña que telo levado na cabeza. O mércores
estivo nunha taberna fregando até non deixar vaso enteiro. O taberneiro
mandouno marchar e deulle unha peza de manteiga, que lle levou o vento antes de
aparecer na casa, onde a mai lle berrou por non telo envolto nun pano e traelo
ao fresco. O xoves foi cepillar os cabalos nunha granxa até deixalos
fracos como pallas de centeo. Entón a granxeira botouno fóra
cunha ducia de ovos, que foi abaneando camiño da casa para refrescalos.
Pero como foran pelexando polo camiño, a mai berroulle por non os ter
levado nunha cesta con coidado. O venres serrou nunha carpintería
até partir a mesa polo medio. Como paga, recibiu un gato, que meteu
nunha cesta e desapareceu antes de chegar onda a mai, que lle berrou por non
telo atado e traído detrás. O sábado amasou nunha
panadería até que a masa levedou e reverteu da artesa. A
panadeira botouno dándolle un saco de fariña, que el atou cunha
corda e levou a rastro. Na casa xa non quedaba ningunha pois rilláranlla
os ratos, polo que a mai berroulle que o debera traer ao lombo. O domingo,
cavou un burato onda o enterrador e tanto cavou que lle deu un burro para que
puidese volver ao día seguinte. Como cargou con el no lombo, a filla
pegou a rir e, aínda que era muda, rompeu a falar. Entón o pai,
agradecido, díxolle que quedase a vivir con eles e así o fixo:
viviu feliz moitos anos coa filla do enterrador. Adaptación a partir
dun conto tradicional xudeu editada en formato de álbum con
ilustracións a cores a toda páxina. |