| Rosa Aneiros:
Os ourizos cachos e o gran río gris Ilustracións de Rodrigo Chao Col. No país dos contos, 18. Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007 |
|
Unha grande ouriza ten tres pequenos ourizos cachos: Espi, a
máis teimuda e espelida, o preguiceiro Cacheiro e Pugón, o
máis rosmón de toda a redonda. Ao que acaban de comer, xa empezan
a se queixar, polo que ela decide levalos ao xardín de Anselmo para que
se farten de larpeiradas. Cando a lúa asoma no ceo van os tres de
excursión, en fila india detrás da mai. Descobren a lúa
bambeándose divertida nunha poceira de auga, as gargalladas ruidosas dos
luceiros e as árbores a remexerse coas cóxegas do vento.
Até que chegan ao gran río gris, que rabuña nos pés
e só se pode atravesar unha vez que pasen as luces malísimas, moi
rápidas e facendo moito ruído. Atravésano con moita
présa e no xardín de Anselmo comen froita moi rica. A partir desa
noite, cada día cruzan o gran río gris para cear con fartura no
xardín. Unha noite que mamá ouriza ten catarro, van eles
sós. E, sen facer caso dunha luz que vén lonxe, Espi ponse a
cruzar... e cataplumm!: atropélaa unha nena en bici que pensa en levar o
cachourizo co seu bonito fuciño. Pero a mai dille que o deixe marchar
coa súa familia. |
|
![]() |
Rosa Aneiros: Os ourizos cachos e o gran río gris Ilustracións de Rodrigo Chao Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2007 Reedición noutra colección 36 p -18x20 cm ISBN 978-84-9865-016-7 |