blix



Bernardino Graña: Oso mimoso
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1992

Oso mimoso

É tempo de inverno e neve. Neno oso ten fame e pide pan. Mamá osa dálle o último que queda, pero o cativo quere máis comida. Todos pasan fame na casa: o gato, o rato, o galo, a galiña e o can. Mamá oso apura a facer pan. Papá oso vai de caza co fusil e o can, pero non trae nada. Parte leña e fai lume mentres a mai segue a amasar. O osiño chora coa fame e os outros animais agardan en silencio, expectantes, a que saian os nove bolos do forno. Mamá oso manda o fillo xogar fóra ata dentro de dúas horas. O pequeno, entra e sae arreo: non lle dá chegado o momento de comer. Ata que por fin está o saboroso pan. Hai que saber agardar.
Conto poético no que a eufonía das letras, os primeiros números ou o tempo do reloxo engaden elementos de aprendizaxe ao texto literario.

48 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-7507-643-2



Opinion