|
Na
aldea das casas azuis e as montañas verdes, as chuvias chegaron nos
meses de sol. E non paraban nin de día nin de noite. A xente estaba
triste porque ese ano así non habería praia nin festas na
rúa. Non se podía saír das casas, ateigadas de auga, e aos
veciños e veciñas logo lles habían nacer escamas de
peixe. Unha rapaza, Xoana, convenceu a súa avoa menciñeira de
saíren na procura do sol. E alá marcharon. Subiron
montañas ata chegar á máis alta e tan lonxana que case nin
aparece nos mapas, aló onda as nubes. Entón viron o sol, durmido
como un bebé, e trouxérono no colo para a aldea. Como nacera
prematura, pois era unha sola, aínda non sabía voar. Seguindo os
consellos dos máis vellos e vellas da aldea, alimentárona cunha
dieta revitalizante a base de auga pura do monte, vento cálido e herba
seca preparada nos fornos de pan. As crianzas xogaban con ela e
contábanlle contos. Con tantos agarimos, un día a pequena
conseguiu saír voando. Para a alegría de toda a veciñanza,
porque ¡por fin parara de chover! Edición en formato de
álbum con ilustracións a cores. |